
Dona Elisa
San Andrés, Ribadavia (Ourense)

Adegas Dona Elisa está situada na parroquia de San Andrés, no concello de Ribadavia, en pleno corazón da comarca do Ribeiro. A súa pequena extensión de terreo destaca pola súa gran produción de viño, onde atopamos numerosas adegas pertencentes á denominación de orixe Ribeiro, a máis antiga de Galicia e unha das máis veteranas de toda España.
Duvi González e Marino Robles

Duvi González e Marino Robles son un matrimonio con residencia en San Andrés, Ribadavia, no corazón do Ribeiro, que no ano 2013 comenzaron a súa aventura oficial no mundo da viticultura coa creación da Adega Dona Elisa.
Elisa é o nome da avoa de Duvi González, unha muller da terra que traballaba no campo, coidaba dos seus fillos e elaboraba o viño que se bebía na súa casa, debido a que o seu marido tivo que emigrar. Elisa facía de todo e coidaba de todos, ao igual que moitas mulleres que tiveron que sacar adiante ás súa familias en soidade por mor da migración dos seus homes en moitos dos casos.
O nome da adega, Dona Elisa, así como o nome da súa primeira marca de viño, Canción de Elisa, é un homenaxe á súa avoa, así como a todas as avoas e mulleres do Ribeiro, que a pesar da discriminación sufrida nos tempos da posguerra, sacaban adiante ás súas familias. Tal e como destaca Duvi, "elas ensináronnos o que elas amaban, o cultivo da vide".
Viñedos e métodos de cultivo
A xove adega de Duvi e Marino conta cunha produción cen por cen propia, toda ela extraída da súa única hectárea de viñedo. Esta extensión é a mesma que traballaba a súa avoa na elaboración do viño da súa época. Tras a necesaria replantación de variedades autóctonas despois do abandono que sufrira á terra da vide, no ano 2013 comezaba a súa produción oficial como adega de denominación de orixe Ribeiro.
Tanto Duvi como Marino destacan que o método de produción tenta ser "o máis natural posible, tal e como nos ensinaron os nosos avós", salvo o traballo de tractor e o proceso de embotellado e etiquetado.
Un brindis por...
Canción de Elisa
Canción de Elisa é o nome da única marca de viño que producen Duvi e Marino, con dúas variantes: unha branca e a outra tinta. O deseño das botellas, elaborado por Marta Lojo, tenta expresar as propiedades propias dos seus viños: etiquetas moi florais, coloridas e frescas, que expresan a xuventude do viño.
A produción de viño branco sitúase entre 5.000 ou 6.000 botellas anuais, mentres que de a de tinto, que no 2.016 foi o seu primer ano, atópase en 400 botellas.

![]() | ![]() |
---|---|
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |