
INFOGRAFÍA D.O

A súa historia comeza en 1980, cando se rocolle no BOE a Denominación Específica Albariño, pero non é ate 1988 cando se aproba o Reglamento da Denominación de Orixe Rías Baixas. A maior de Galicia en canto a producción e número de hectáreas, evolucionou meteóricamente nos últimos anos tanto a nivel de producción como de recoñecemento. O Albariño converteuse en todo un símbolo de Galicia.
A mellora tecnolóxica no cultivo dos viñedos e na elaboracións dos caldos que comeza nos anos 60, permite o despunte da zona e, sobre todo, do Albariño, que nos anos 80 destrona ó Ribeiro e convértese no viño identitario de Galicia.
Entre 1987 e 2001, a D.O. Rías evoluciona de maneira meteórica. Pasa de 492 a 5.000 viticultores, de 14 a 151 adegas e de unha superficie de viñedo de 237 hectáreas a 2.408, convertíndose así na de maior produción das D.O. galegas.
A súa evolución tamén se reflexa na ampliación das súas zonas. En 1998 a denominación de orixe consta de 3 subzonas na provincia de Pontevedra: Val do Salnés, Condado do Tea e O Rosal. En outubro de 1996 incorpórase Soutomaior, e en maio de 2000 a Ribeira do Ulla.
Todos estes territorios teñen unha serie de condicións físicas común que identifican e orixinan as características dos seus viños. Trátanse de terras baixas, cunha altitude que polo xeral é inferior a 300 metros, próximas ao mar e asociadas aos tramos inferiores dos cursos fluviais, nas que o solo predominante é o granítico.