top of page

A gastronomía é un dos puntos fortes da comunidade galega. A xente xa non ven ao territorio galego en busca de sol, praia ou en peregrinación. A comida, e tamén a bebida, son tamén grandes atractivos de Galicia. O viño é un dos embaixadores da terra galega. Dende xa fai uns anos atrás, o seu atractivo turístico non para de medrar.

 

A frescura das Rías Baixas, as paisaxes da Ribeira Sacra ou a tradición do Ribeiro están presentes nos viños de cadansúa denominación. Os caldos galegos tamén son unha vía de transmisión da cultura galega, unha cultura que gracias ó éxito dos seus viños, a través da exportación, xa se expande polos cinco continentes do globo terráqueo. Cada botella leva debaixo da súa cortiza unha pequena parte de Galicia.

 

Esta tradición e transmisión da cultura galega están moi presentes nas adegas que se amosan na reportaxe. Ao mesmo tempo, tamén responden á existencia das tendencias da evolución do mercado dos viños galegos. Unha das máis importantes podería ser o cultivo de viños ecolóxicos, que comezan a súa comercialización nesta última década e que hoxe en día están presentes nas cinco denominacións de orixe galegas.

 

Outra tendencia é a do incremento da competencia, xa que cada vez aparecen máis adegas, o que supón un ascenso da calidade en termos xerais. Ademais das grandes adegas mais coñecidas, existen tamén moitas pequenas adegas de carácter artesanal, algo que teñen en común as adegas presentes na reportaxe. O consumidor cada vez é máis singular, e demanda viños orixinais e con forte personalidade, algo que as pequenas adegas sí lle poden ofrecer, lonxe do consumo estandarizado e global das grandes adegas.

EVOLUCIÓN DO MERCADO

Adega Alán de Val
Adega Alán de Val
Adegas Luz
Adega Algueira
Adega Dona Elisa
Adega Couto Mixto
  • Vimeo - Black Circle
  • Instagram - Black Circle
  • Facebook - Black Circle
bottom of page