top of page
Mandín, Verín (Ourense)

A adega Couto Mixto está ubicada na parroquia de Mandín, a cal pertence ao concello de Verín, ubicado no Sur da provincia de Ourense, moi preto da fronteira con Portugal, tanto que non fai moito tempo atrás os habitantes da parroquia, xunto cos que formaban o denominado Couto Mixto, non sabían se vivían en Galicia ou Portugal.

Couto Mixto

Mandín

Xico de Mandín

Francisco Pérez, máis coñecido como Xico de Mandín, sente tal apego da súa terra natal que ata a leva no seu alcume. Afirma, cun gran sorriso, que levar o nome do seu lar é unha das cousas das que máis orgulloso se sente.

Xico leva consigo a paixón pola viticultura e a agricultura en xeral dende que era un cativo. Medrou e criouse cos seus avós, o que fixo que prendera nel un forte sentimento pola terra e todas as oportunidades que esta lles ofrecía. Defínese como "fillo de avós", pois os seus pais emigraron cando aínda era un cativo.

Xico

O seu vínculo coa viticultura está presente dende que Xico ten memoria, pois xa axudaba os seus avós cando estes elaboraban viño nas mesmas terras que agora Xico continúa coidando. Dende a vendima, as pisadas ou aos lavados dos toneis, os pés, as mans e a alma de Xico de Mandín estiveron tintadas coas uvas da súa terra. 

 

Esta paixón, arraigada dende ben cativo, levoulle a dar o salto de maneira profesional ao mundo vinícola. A mediados dos anos 90, Xico decide abrir un furancho e así vender o seu viño no seu propio local.

Adega Couto Mixto

A súa propia adega, Couto Mixto, nacería de maneira oficial no ano 2006, encadrada xa dentro da Denominación de Orixe Monterrei, pero a súa historia provén de moito máis atrás. A adega conserva practicamente a mesma estrutura dos seus antepasados despois de ser sometida a un lavado de cara e as necesidades hixiénicas necesarias.

O único que mudaron foron os toneis, que pasaron de ser de madeira á aceiro inoxidable, requisito sanitario indispensable. A pesar disto, Xico segue sendo partidario de voltar ao traballo en barrís de madeira de castaño, tal e como facía na época dos seus avós. 

 

Toneis de aceiro

Viñedos e métodos de cultivo

Couto Mixto, unha filosofía

Xico conta con catro hectáreas, con algúns viñedos de máis de setenta anos, os mesmos cos que de cativo traballaba xunto aos seus avós.

Os métodos de cultivo non se diferenzan moito de esa época, máis aló da evolución tecnolóxica para o traballo agrícola. A tracción animal troca en tracción a motor. A pesar disto, a Xico non lle importaría volver a traballar con animais para arar as súas terras, debido a alta satisfacción que isto lle aporta. O problema é o alto custo que isto suporía.

"Na vez de que a tecnoloxía se adapte ás nosas viñas, faise ao revés, e somos os viticultores os que temos que adaptarnos á tecnoloxía que nos venden. Eu prefiro sempre o método tradicional, coas cepas máis xuntiñas, algo que aquí en Mandín e Monterrei está xustificado para protexerse do sol, xa que somos das zonas máis secas de Galicia", asegura Xico.

IMG_1299
IMG_1327
IMG_1332
IMG_1329
IMG_1342
IMG_1336
IMG_1335

Couto Mixto Blanco

 

Nas botellas de Couto Mixto Blanco teñen cabida varias castes, pero predominan a Rosa Dona branca, variedade propia de Monterrei, caste predominante na zona fai máis de vinte anos, xa que é autóctona, e tamén o Verdello, sen esquecer a Treixadura, que tamén está presente, aínda que non de forma tan predominante.

Aproximadamente, Xico produce arredor duns 4.000 litro anuais de viño branco.

Couto Mixto Tinto

Segundo Xico, no viño tinto "hai un caldo de moitos produtos: chourizo, patatas, verzas..."

Xico define o seu viño tinto como un caldo, debido a todas as castes que se atopan neste mézclum. No momento do boom da D.O, Xico dedicouse a recoller todas as castes autóctonas que puido da comarca, debido a que moitas delas foron arrincadas nese momento, onde a D.O. potenciou outras castes como a Mencía e o Tempranillo.

"Eu procuro facer todo o contrario, por amor ás castes, e por tentar non perder todo ese potencial vinícola que tiñamos e que temos nesta zona: Zamarrica, Tinta Amarela, Sousón, Brancellao,... todas estas están no meu viño tinto, e algunha que outra máis tamén",


De forma aproximada, Xico produce arredor de 2.000 litros anuais de este viño, ou como el o denomina, caldo galego.

A esencia de Couto Mixto

Placa sobre Mandín preto da igrexa do concello.

Xico de Mandín posa cos seus viños na porta da súa adega.

Adega Couto Mixto.

Bidóns de aceiro inoxidable.

Xico fala das que él considera as principais características dos seus viños e da diferenciación da súa produción vinícola coa de resto de adegas. En definitiva, da esencia de Couto Mixto: a variedade de castes utilizadas e o gran respeto e apego pola natureza.

Xico explica as razóns polas que chamou á súa adega Couto Mixto e fala deste lugar histórico situado na fronteira entre Galicia e Portugal.

  • Vimeo - Black Circle
  • Instagram - Black Circle
  • Facebook - Black Circle
bottom of page