top of page

INFOGRAFÍA D.O

Durante a Idade Media e parte da Idade Moderna, Monterrei exerceu unha gran influencia nos aspectos económicos, políticos e culturais dentro de Galicia e España. A mediados do século pasado, Monterrei era unha zona onde se producían grandes volumes de viño de excelente calidade. Mostra disto foi a presencia na rexión de importantes adegas, que dispoñían de lagares de pedra e grandes cubas de madeira de carballo.

A principios dos anos 60 constrúese a Adega Cooperativa de Monterrei, co obxectivo de promover unha correcta elaboración dos viños e a súa posterior comercialización.

A pesar de que nos anos 60 crease a Adega Cooperativa de Monterrei, o recoñecemento oficial como denominación de orixe non chega ate 1994, tras o rexurdir da zona despois de dúas décadas complicadas por mor da migración e das malas colleitas.

A finais do século XX, a emigración, o peche da adega cooperativa e o abandono das terras de cultivo, dada a súa escasa rendibilidade, case supoñen a desaparición do viñedo nesta zona. O recoñecemento administrativo da denominación de orixe en 1994, entre outros factores, fixo posible o rexurdir da comarca e dos seus caldos.

As súas zonas de produción divídense en dúas: a subzona do Val de Monterrei e a da Ladeira de Monterrei.

A subzona do Val comprende as parroquias de Castrelo do Val, Pepín e Nocedo do Val do Concello de Castrelo do Val; as parroquias de Albarellos, Infesta, Monterrei e Vilaza do Concello de Monterrei; as parroquias de Oímbra, Rabal, e San Cibrao do Concello de Oímbra e as parroquias de Abedes, Cabreiroá, Feces de Abaixo, Feces de Cima, Mandín, Mourazos, Pazos, Queizás, A Rasela, Tamagos, Tamaguelos, Tintores, Verín e Vila Maior do Val do Concello de Verín.

Pola súa parte, a subzona da Ladeira comprende o Concello de Vilardevós, as parroquias de Gondulfes e Servoi do Concello de Castrelo do Val; as parroquias de As Chas, Bousés, Vidiferre e A Granxa do Concello de Oímbra; as parroquias de Flariz, Medeiros, Estevesiños e Vences, do Concello de Monterrei; a parroquia de Queirugás do Concello de Verín; a parroquia de Castrelo de Abaixo, os lugares de Castrelo de Cima, Covelas, O Mourisco, San Paio e A Veiga do Seixo  da parroquia de Castrelo Cima, o lugar de Fumaces da parroquia de Fumaces, os lugares de Progo e Pousada da parroquia de Progo, e o lugar de Florderrei da parroquia de Riós, todos do Concello de Riós.


 

  • Vimeo - Black Circle
  • Instagram - Black Circle
  • Facebook - Black Circle
bottom of page