
A Rúa (Ourense)
A adega Alán de Val está ubicada no concello de A Rúa, na comarca de Valdeorras, na provincia de Ourense. Trátase do municipio que concentra o maior número de adegas da denominación de orixe.
Alán de Val

Joaquín Sánchez
Joaquín, José Luis e Manuel Sánchez son os tres irmáns propietarios da adega Alán de Val, os cales fóronse incorporando en diferentes momentos da mesma, estando por momentos lonxe da súa terra e do seus viñedos. Joaquín destaca á adega como "unha forma de xuntar á familia, porque se non fora por ela, seguramente estaríamos espallados cada un por diferentes lugares".


Alán de Val nace oficialmente no ano 1993, e a súa primeira produción de viño sae xa baixo a denominación de orixe Valdeorras, con aproximadamente 700 botellas de Godello. Dende entón, a adega aposta pola recuperación das castes autóctonas e pola plantación de novos viñedos.
No ano 2006, Alán de Val comeza a súa segunda etapa. Lévase a cabo a construción dunha nova adega e unha gran diversificación na produción dos seus viños, debido a expansión dos territorios de cultivo a través da compra de terreos e a explotación de novas plantacións. Actualmente conta con 15 hectáreas.
Viñedos e métodos de cultivo
![]() | ![]() |
---|---|
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
Os viños
Alán de Val conta cunha gran diversificación de viños, con motivo da súa expansión dende o ano 2006. Joaquín describe aqueles máis carácterísticos e con maior identidade da súa adega.
Alán de Val polo mundo
A producción media anual de Alán de Val sitúase en torno a 80.000 botellas entre todas as súas variedadades, que proveñen do seu pasado e da súa historia, xa que a adega familiar sempre cultivou diferentes tipos de castes.
A expansión dos seus viñedos permitiulle exportar viño a diferentes lugares do mundo, levando o nome da adega e o de Valdeorras polos cinco continentes. Joaquín fala do que supón ver o nome da súa adega por distintos rincóns do mundo.
Alán de Val é unha adega familiar sustentada pola cuarta xeración de viticultores. "O cultivo da vide na nosa familia comezou coa nosa bisavoa, que montou un viveiro nas nosas terras despois da filoxera. Logo, os meus avós e os meus pais continuaron co seu cultivo. Isto permítenos, a día de hoxe, seguir traballando coa nosa terra a través de variedades autóctonas galegas", afirma Joaquín.
Alán de Val e a familia
Alán de Val mantense fiel á tradición familiar, apostando por uns métodos de cultivo que respeten o máximo posible á natureza. "Hai cepas de máis de cen anos, como a Garnacha Tintoreira, que necesita coidados moi especiais", comenta Joaquín. "Todos os viñedos están preto un dos outros, pero cada plantación e cada cepa necesita duns coidados determinados, segundo a súa altitude, orientación, exposición solar, etc, que os fan diferentes".
"Todo o que entra na nosa adega ven da nosa historia, da nosa tradición, por iso o coñecemos como a palma da nosa man", destaca Joaquín, que considera isto algo fundamental para tratar os viñedos.
Concello de A Rúa.
Joaquín Sánchez, un dos propietarios da adega Alán de Val.
Adega Alán de Val.
Joaquín define Alán de Val como "unha maneira de xuntar á familia". Fala da importancia da adega na relación cos seus irmáns.