top of page

O VIÑO COMO MENCIÑA

O viño estaba presente en case todas as casas galegos. Anos atrás, o viño estaba considerado como un alimento máis, tan importante como a carne, a leite ou as verduras. Existía unha preferencia polo viño tinto debido a que era o que tiña maior aporte calórico, polo que 'alimentaba máis'.

 

O viño era a calefacción interior e actuaba como un medicamento en moitos domicilios do territorio galego. Usábase como unha menciña, e era eficaz para infinidade de enfermidades, en homes, mulleres, nenos e maiores. Segundo Xavier Castro, historiador de viño, "era unha menciña tanto para o corpo como para a alma".

Algunha das funcións do viño tinta eran, por exemplo, 'recuperar a cor' dos nenos enfermos. Nas casas galegas, os cativos tamén tomaban viño, e sobre todo dábaselle de beber cando estes parecían enfermos ou tiñan unha 'mala cor'. Deste xeito xurdían os coloretes nas facianas dos rapaces.

 

Tamén 'quentaba o corpo' do que tiña que ir a traballar pola mañá cedo, aportando ese plus de enerxía e de escudo ante o comezo da xornada laboral. Outra curiosidade é que o viño tinto era dado ás mulleres no momento do parto como calmante, actuando practicamente como unha anestesia, e tamén, nos momentos xa posterior, para realizar a función de relaxante tanto na mente como no corpo da muller que recentemente dera a luz.

  • Vimeo - Black Circle
  • Instagram - Black Circle
  • Facebook - Black Circle
bottom of page