top of page

O VIÑO COMO ESTIMULANTE

Xavier Castro, profesor de Historia na Universidade de Santiago de Compostela, afirma con rotundidade que “Galicia non estaría en pé sen viño”. Os caldos galegos tiveron unha importancia extraordinaria para manter á xente e animala.

Antigamente, unha copa de viño funcionaba como un verdadeiro estimulante. Era o único que había ata 1850 como bebida sen contar a auga. Naquela época, non existían aínda nin os refrescos, nin a cervexa, nin os licores. Máis aló do viño, estaba o aguardente, pero estaba reservada para as altas elites.

Nesa época había algo de chocolate, presente dende o século XVII, pero moi aguado. Máis aló diso, nada máis, polo que o viño era o único estimulante. Era o que animaba á xente para ir a traballar e a motivación que tiñan ao finalizar a súa xornada laboral.

Houbo tamén unha época moi curiosa na cal o viño estaba considerada unha bebida máis sa ca auga. O motivo era a falta de controis sanitarios e o feito de que a xente ía lavar a roupa ós pozos de auga onde outra xente ía coller auga para beber. Nese momento, a auga, por mor da falta de controis, era una fonte importante de enfermidades contaxiosas e houbo moita xente que faleceu por infeccións por mor de beber auga en mal estado.

  • Vimeo - Black Circle
  • Instagram - Black Circle
  • Facebook - Black Circle
bottom of page