
Doade, Sober (Lugo)
A adega Algueira está ubicada na parroquia de San Martiño de Doade, en Sober, na comarca da Terra de Lemos, situada na parte lucense da Ribeira Sacra, en pleno percorrido do Canón do Sil.
Algueira

Fernando González
Fernando González é o propietario da adega Algueira. A súa paixón pola viticultura venlle dende cativo, impulsado por este lugar máxico que é a Ribeira Sacra. "As ladeira do Sil, este ambiente natural espectacular é unha das motivacións para estar no mundo do viño".
"A miña historia co viño está asociada coa miña familia. A adega nace 35 anos atrás, con 60 kilos de uvas". A partir de ese momento, Fernando non se despegaría xamais da súa terra nin dos seus viñedos.

A adega familiar, nada 35 anos atrás, parte totalmente de cero, a través "dun traballo lento que necesita moita paciencia". O proxecto de Fernando conta tamén cun restaurante, ubicado na antiga adega familiar, ademais da organización de catas na adega e visitas aos viñedos, tanto por terra como por mar, pero sempre coa vista posta na tradición e no pasado.
Fernando é un apaixonado da viticultura e a agricultura en xeral. "É un traballo apaixonante. Ademais do traballo de viticultor, tes que facer senderismo, escalada e saber falar coas plantas", asegura Fernando.

A nova adega fúndase en 1996, integrada nun ambiente natural e tradicional calcado a épocas pasadas. Fernando considera a historia como unha parte fundamental do seu proxecto. "A min inspírame máis o pasado que o presente. a visión cara o pasado é o que me fai estar aquí", afirma.
Viñedos e métodos de cultivo
A adega Algueira conta actualmente cun total de 14 hectáreas, divididas en varios terreos. É en Doade onde se atopan algúns dos viñedos máis espectaculares debido a súa localización. As pendentes chegan ata o 80% de inclinación, dende os 100 ata os 500 metros. "Iso supón que os métodos son totalmente tradicionais, xa que nestes territorios é imposible que entre maquinaria", asegura Fernando.
É o que se coñece como viticultura heroica, debido os riscos e dificultades que supoñen o cultivo destas vides. "Facemos exactamente o mesmo traballo que facían os romanos en termos de viticultura", afirma Fernando. Por sorte, á hora da vendima, contan cuns raíles mecanizados que permiten ascender e descender polos viñedos, aunque non en todas as zonas.
Por suposto, Algueira aposta polas castes autóctonas, plantadas neste territorio fai 35 anos co obxectivo de non perdelas. Fernando destaca o laborioso traballo xa que "tardamos máis de vinte anos en crear estas viñas, xa que estes terreos estaban abandonados".
![]() | ![]() |
---|---|
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
---|---|
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
![]() |
"Embotellar unha paisaxe"
Algueira caracterízase pola gran variedade de marcas de viños e os distintos matices que os diferencian. Actualmente, conta con tres viños brancos e nove tintos, cunha produción aproximada de 20.000 botellas anuais, cada un deles cunha identidade e unha personalidade propia.
Para Fernando, o fundamental dos seus viños é que representen o lugar onde nacen. "Embotellar unha paisaxe", ese é o obxectivo en cada elaboración dos nosos viños.
