top of page

INFOGRAFÍA D.O

A tradición vitícola de Valdeorras remóntase, como en toda Galicia, á época romana, que trouxeron o viño plantando viñedos e construíndo lagares. Deron así orixe a unha cultura, hoxe secular, na atención das viñas e na elaboración de exquisitos caldos, ós que cantaron romeiros e peregrinos de camiño a Santiago.

O século XX está marcado polo éxodo rural, a emigración masiva a América do Sur primeiro e a Centroamérica despois, a recesión económica da posguerra civil, o descenso de consumo de volframio, a explotación das canteiras de lousa a nivel industrial e a instalación de embalses e centrais hidroeléctricas.

 A denominación de orixe Valdeorras está recoñecida por Orde Ministerial dende 1945. Valdeorras é a comarca máis oriental da provincia de Ourense e conta co clima máis seco de toda Galicia. A entidade naceu coa vocación de traballar na recuperación de variedades autóctonas como o Godello e a Mencía.

Abarca as superficies vitícolas dos municipios de A Rúa, Carballeda de Valdeorras, Larouco, O Barco, O Bolo, Petín, Rubiá e Vilamartín. As zonas de produción ocupan gran parte das concas dos ríos Sil, xares e bibei. Nelas, o clima é máis seco que no resto de Galicia. A historia xeolóxica da comarca provocou que gran parte dos seus solos estean compostos por lousas, cuarcitas e exquisitos.

  • Vimeo - Black Circle
  • Instagram - Black Circle
  • Facebook - Black Circle
bottom of page