top of page

Segundo a Organización Mundial da Propiedade Intelectual (OMPI), enténdese como denominación de orixe o nome dun país, rexión ou dun lugar determinado que é utilizado para designar a un produto orixinario deles, cuxas cualidades e características débense exclusiva e esencialmete ao medio xeográfico, incluidos os factores naturais (xeografía, clima, materia prima, etc.) e os factores humanos (man de obra, arte, inxenio, tradición, etc.).

Os datos de evolución e crecemento das cinco denominacións de orixe de Galicia veñen a confirmar a boa saúde da que gozan os viños galegos. Cada unha delas presenta a súa propia historia e teñen traxectorias diferentes, aínda que manteñen un elemento en común: todas elas apostan no seu crecemento pola calidade e singularidade dos viños que producen.

As vides esténdese polo rico e variado relevo galego. Montañas, vales, ríos, mares... en Galicia, o viño está en todas partes. E cada viño conta a historia da súa zona, e ese é precisamente o tesouro que agochan os caldos galegos. Dentro de cada botella, tras a cortiza, está un anaco da historia de Galicia.



 

IMG_1590
Valdeorras
Rías Baixas
Monterrei
Ribeira Sacra
  • Vimeo - Black Circle
  • Instagram - Black Circle
  • Facebook - Black Circle
bottom of page