top of page

INFOGRAFÍA D.O

Creada en 1997, é a D.O raíña dos viños tintos, que supón un 85% da súa produción total. A maioría dos cultivos concentranse nas ladeiras dos ríos Miño e Sil. As plantacións esténdense por ladeiras con ate un 85% de inclinación, o que conlevou a nomear a súa viticultura como ‘heroica’ pola súa complexidade.

Os viños da Ribeira Sacra destacan pola súa forte personalidade. A longa tradición de viños nesta zona contrasta coa tardanza en conformarse en denominación de orixe, en 1997. As altas pendentes das ladeiras de cultivos de vides fan á Ribeira Sacra unha das denominacións de orixe máis atractivas en canto a turismo vinícola, no que destacan as impresionantes rutas do viño que transcorren por zonas e paisaxes espectaculares, sobre todo no verán, cando as uvas enchen as vides, e no outono, cando as árbores tíntanse de vermello, amarelo e marrón.

A denominación de orixe Ribeira Sacra consta de 5 subzonas: Chantada, Amandi, Quiroga-Bibei, Ribeiras do Sil e Ribeiras do Miño. O seu territorio esténdense polas provincias de Lugo e Ourense, sendo os ríos Miño e Sil os protagonistas.

  • Vimeo - Black Circle
  • Instagram - Black Circle
  • Facebook - Black Circle
bottom of page