top of page

A presenza do viñedo en Galicia data da época na que os romanos ocupaban Gallaecia. Tal e como afirma Xavier Castro, historiador de viño, “en Galicia entra antes o viño que as viñas”, porque son os romanos os que traen o viño ao territorio galego. Tamén traen con eles a vide e plántana polo que naquel momento era Gallaecia.

Dentro do Imperio Romano, o emperador Constantino, do ano 313, é unha das personalidades claves para a extensión da cristianización pola península Ibérica. A difusión do cristianismo é esencial porque a igrexa católica necesita o viño para as misas. Todas as dioceses, parroquias, mosteiros e demais necesitan fomentar a vide para ter viño non só para a misa, senón tamén como obxecto de para regalo para os monxes.

A comarca do Ribeiro, a pesar do seu pequeno tamaño, é unha das primeiras que se especializa en viticultura, e convértese nunha das rexións máis importantes de toda España e mesmo Europa en canto á exportación de viño. O éxito é tal, que hai un momento na historia no cal as familias do Ribeiro só cultivan viño, polo que deben importar outros alimentos como o leite, os cereais ou a carne.

Dende a Idade Media foi unha comarca de vital importancia para a elaboración de viño. Un viño loado por personalidades como Afonso X O Sabio ou Miguel de Cervantes Saavedra. O viño do Ribeiro, chamado viño de Ribadavia naquela época debido a que esta era a capital, exportábase a Gran Bretaña, Flandes, Italia e outros lugares. Era un viño branco fundamentalmente, aínda que tamén existía o tostado, un viño moi laborioso de facer e que requiría moito tempo, polo que o seu prezo era elevado.

HISTORIA

Monumento dedicado á época romana no concello de Sober, Lugo.
Concello de Mandín, Verín.

Monumento dedicado ó viño no concello de Sober, Lugo.

Primeira fase de crecemento da uva, no mes de abril.

  • Vimeo - Black Circle
  • Instagram - Black Circle
  • Facebook - Black Circle
bottom of page